Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Categoría: Evento, Nova

Comeza a Feira do Libro 2020 en Vigo! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 25 de xuño ao 4 de xullo en horario de maña: 11.00 – 13.00 (agás o día 25, que é a inauguración oficial) e de tarde: 17.00 – 20.00, na rúa do Príncipe. Contará cun pregón a cargo da escritora María Xosé Queizán.
Velaquí o programa de sinaturas no que participarán as autoras e autores da Editorial Galaxia:
Día 26 de xuño, ás 18:00 h. Sinatura de Prana Apana, de Patricia Rivas Gallego.
Día 28 de xuño, ás 20:00 h. Sinatura de Cómplices. A violencia  
machista institucional, con Iria Vázquez Silva e Ana Martínez González.
Día 29 de xuño, ás 19:00 h. Sinatura de Raiolas de sol, de Antonio García Teijeiro.
20:00 h. Sinatura de O libro da filla, de Inma López Silva.
Día 30 de xuño, ás 20:00 h. Sinatura de Tantos anos de silencio, de Francisco Castro.
Día 1 de xullo, ás 18:00 h. Sinatura de Ela sabe a sol, de Najla Shami.
Día 2 de xullo, ás 20:00 h. Sinatura de Soleando, de An Alfaya.

Comparte nas túas redes sociais ou por email