Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Santiago

Categoría: Nova

Comeza a primeira Feira do Libro 2020 coa Feira de Santiago de Compostela! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 13 ao 21 de xuño en horario de maña: 11.30 – 14.00 e de tarde: 17.30 – 21.00 No paseo central da alameda de Compostela.
Velaquí o programa de sinaturas no que participarán as autoras e autores da Editorial Galaxia:
Día 13, ás 13:00 h. Sinatura de libros con María Solar.
20:00 h. Sinatura de Un vento que pasa, de Alfredo Conde.
Día 15, ás 19:00 h Sinatura de Lingua guapa. Cantos que contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, ilustrado por Lucía Cobo. Asinará o músico Néstor Blanco.
Día 17, ás 19:00 h. Sinatura de Papá, por que non pintas as unllas de cores?, de Jorge García Marín.
Día 19, ás 18:00 h. Sinatura de O libro da filla, de Inma López Silva.
20:00 h. Sinatura de A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla, ilustrado por Nuria Díaz.
Día 20, ás 12:00 h, Sinatura de Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro, ilustrado por Emanuel Lomeña.
13:00 h. Sinatura de Carabela, de Paula Carballeira, ilustrado por Abi Castillo.
20:00 h. Sinatura de Carrusel, Premio García Barros 2019, de Berta Dávila.
Día 21, ás 20:00 h, Sinatura de Camiño de paixóns, I Premio de Novela Camiño de Santiago, organizado e convocado pola Academia Xacobea, de Carlos Meixide.

Comparte nas túas redes sociais ou por email