zeralda

8,75€

mercar

Zeralda e o dragón

Agustín Fernández Paz

Fran Jaraba

Un dragón, unha princesa e un bruxo nunha aventura marabillosa

Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada a xente da comarca, pois ataca de cada pouco os seus habitantes e rouba canto haxa de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o príncipe Xabrín, e consegue enganar a Zeralda cos seus encantos.

Un conto que segue o modelo dos relatos clásicos marabillosos, tanto na temática como na estrutura e nas fórmulas narrativas, e no que destaca o rol protagonista concedido á princesa.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 52
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200 mm.
  • Data Publicación : 2012-11-29
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-465-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

carabelaCarabelaPaula Carballeira
prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego

agustion fdez

Fernández Paz, Agustín
Naceu en Vilalba no ano 1947 e finou en Vigo en 2016. Mestre e licenciado en Ciencias da Educación, desenvolve a súa actividade profesional no ensino. Despois de exercer o maxisterio en diversos centros escolares, traballou no gabinete de estudos para a Reforma Educativa e, na actualidade, é coordenador docente de Lingua Galega na cidade de Vigo. Aínda que é autor de moitos traballos sobre cuestións pedagóxicas e relacionadas coa literatura infantil e a normalización lingüística, Fernández Paz debe a súa popularidade como escritor á súa obra narrativa, recoñecida dentro e fóra de Galicia con numerosos premios. En 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra O único que queda é o amor. En 2011 foille concedido o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. En 2012 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Entre os seus libros destacan A cidade dos desexos (1989), As flores radiactivas (1989, premio Merlín), Contos por palabras (1990, premio Lazarillo), Lonxe do mar (1991), O tesouro do dragón Smaug (1992), As tundas do corredor (1993), Rapazas (1993), Trece anos de Branca (1994, premio Edebé) e Unha lúa na fiestra (1997).
En 2014 foi distinguido co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo

fran

Jaraba, Fran
Fran Jaraba ilustrou o seu primeiro libro en 1981 e leva xa máis de setenta. Colaborou con publicacións como Can sen Dono e Golfiño. Entre outros premios, gañou o Premio Ourense de Banda Deseñada a V Curuxa Gráfica (1989) e foi seleccionado en 1994 como un dos representantes de España na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR