xuntos

21,70€

mercar

Xuntos e máis nada

Anna Gavalda

Premio Novela Europea Casino de Santiago 2005

Unha novela que reflexiona sobre a fraxilidade do ser humano, ese equilibrio entre a felicidade e o desalento.

París exactamente ao pé da Torre Eiffel. Alí decorre a historia que conta Xuntos e máis nada. A historia de catro persoas que pouco teñen en común, catro vidas perdidas que devalan no mundo ríspido da cidade, uns ninguéns. Catro sobreviventes que van aprender a compartir os medos, as esperanzas, a tenrura, a amizade, e tamén, os desencontros.

Anna Gavalda escribe desde a experiencia da fraxilidade do ser humano, o equilibrio entre felicidade e desalento, que é o cerne desta novela.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 584
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2013-03-25
  • Colección : Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-033-4
  • Edición : 2

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

anna gavalda

Gavalda, Anna
Naceu en 1970 en Boulogne-Billancourt (París). En 1999 saltou á fama coa obra Quixera que alguén me agardara nalgún lugar, galardonado co Grand Prix RTL-Lire 2000, unha colección de relatos da que se levan vendidos setecentos mil exemplares en Francia e que foi traducida a dezanove idiomas. A súa primeira novela, Amabaa (2002), consagrouna a nivel internacional ao ser publicada con grande éxito de vendas en vinteún países.

Coa segunda novela Xuntos e máis nada (2004) o fenómeno internacional seguiu en aumento. Foi levada ao cine en 2007 por Claude Berri. Hoxe en día é a escritora francesa máis lida, aclamada por unha crítica e un público absolutamente entregados. Vive cerca de París.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR