Sale!

A xente da barreira

Ricardo Carballo Calero

Pode ser considerada unha novela neorrealista, aínda que os personaxes non pertencen, como case sempre acontece na novela neorrealista, ás clases artesás, ás clases obreiras ou pequenoburguesas dun  mundo urbano ou vilego... senón a un mundo rural.

A xente da Barreira é un título axeitado porque o protagonista é a propia casa da Barreira co seu contorno, a xente da Barreira; mesmo no sentido romano da palabra: a familia que vive na casa da Barreira construída polo fundador da dinastía e a súa clientela, os campesiños que traballan na Barreira, que se relacionan cos señores da Barreira, que mesturan mesmo o seu sangue cos señores da Barreira e que forman parte desa xente.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 120
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 17-01-2020
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-430-5
  • Edición :
  • Nº na colección : 407
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros
sobre-a-lingua-galega-de-rosalia-de-castroSobre a lingua galega de Rosalía de CastroVictoria Álvarez Ruiz de Ojeda
9788491514497Teño medoDavid de la Iglesia

carballo calero

Carballo Calero, Ricardo
Catedrático de Lingüística e Literatura Galega e escritor. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutor en Letras pola Universidade Central de Madrid. Foi o secretario do Seminario de Estudos Galegos e partillou os principios políticos do Partido Galeguista (1931). Foi membro da Real Academia Galega. A partir de 1970 foi o principal teorizador e defensor das teorías do reintegracionismo lingüístico co portugués como vía para a normalización do galego. Do seu traballo académico destacan a Historia da literatura galega contempóranea (1975) e mais Estudos rosalianos (1979). Como poeta, iniciouse en castelán con Trinitarias (1928) e La Soledad confusa (1931), para continuar en galego con Vieiros (1931) e O siléncio ajoellado(1934) ata a súa madurez en Anxo de Terra (1950). Como prosista abriu a xeira da novela galega da postguerra con A xente da barreira (1950, Premio Bibliófilos Gallegos). Tamén cultivou o xénero dramático de xeito continuado dende 1936, con obras como A sobra de Orfeu, 1948.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR