foto

8,60€

Non dispoñible

Voces de vacas

Xavier López Rodríguez

Un libro no que as vacas toman a palabra e narran o mundo dende os seus ollos pacíficos e maternais

A Dourada, a Cereixa, a Garbosa, a Oliva, a Rubia… fannos partícipes das súas vidas, das súas relacións, da súa cotiá entrega ó traballo, dos seus medos. Neste pequeno e fermoso libro a tenrura e a dureza camiñan xuntas, compoñendo unha afectuosa e humilde homenaxe ós animais que o protagonizan.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 80
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 116 x 203
  • Data Publicación : 1999-01-01
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-224-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

xavier lopez

López Rodríguez, Xavier
Naceu no ano 1956 en San Ciprián de Hermisende, unha das pequenas aldeas da provincia de Zamora nas que se fala galego. Xornalista de profesión, traballou en diarios como El correo de Zamora, El Norte de Castilla, Diario de Galicia e Diario 16 de Galicia. Desde 1985 reside en Santiago de Compostela, lugar do que xa se considera un cidadán máis. Na actualidade exerce de forma libre a súa profesión, colaborando con diversos medios informativos. Como escritor, iniciou a súa traxectoria con dúas novelas curtas en castelán, Retrato de viejo con chupete (1988) e El clan de los sonámbulos (1991). En galego publicou O anano enredador, Outros heroes, A citación, Linguas longas e Voces de vacas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR