Vigo

10,60€

mercar

Vigo

Helena de Carlos

Escenario de escolas, bacharelatos, veráns, iso é Vigo para a poeta Helena de Carlos. Cidade viva, posuída tamén por voces inaudibles, punto de chegada que moitos xa non van ultrapasar. E entre os que escorrentaron polas rúas de Vigo, entre as pantasmas lembradas, pérdese a propia mocidade, o máis efémero dos soños.

Velaquí a literatura como equipamento para a vida, unha arte para sobrevivir no asedio do absurdo. Por iso non é este un libro na procura do que non queda, nin sequera da súa evocación, pola contra, é a constatación da ausencia, o saúdo educado a unha nova compaña.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 64
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 12,5 x 22 cm
  • Data Publicación : 2007-09-26
  • Colección : Dombate (Poesía)
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-004-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Vigo, 200 anos2011-02-04 15:00:14

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

helena de carlos

de Carlos, Helena
Helena de Carlos (Barbantes, Cenlle, 1964) é doutora en Filoloxía Clásica e profesora titular do Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago. Especializada en estudos sobre a latinidade medieval, levou a cabo as súas investigacións en cidades como Lisboa, München e Florencia.

Como poeta colaborou en revistas como Nordés, Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Ólisbos e Alquimia. 1999 foi o seu segundo libro de poemas, logo de Alta Casa (1996).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR