velai verme

12,75€

mercar

Velaí vai o verme

Mario Pereira Fernandez

o

Vénnos esta historia dun tempo no que o mundo era novo, moi novo, tan novo que todo el recendía a mazás verdes e terra mollada. Moitas cousas estaban por facer e as que xa estaban feitas eran tan recentes que chamaban pola vida coa voz alegre da desorde. Só o pequeno verme non estaba moi contento. Cando se comparaba con outros animais como a fermosa ave do paraíso, tiña a sensación de ser moi feo e quedaba triste. Un día decidiu ir á busca do Creador, do que lle falaban os outros, para que lle atopase unha solución. ¡E vaia viaxe que fixo o pequeno verme!

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 116 x 189
  • Data Publicación : 2000-06-01
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-357-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Mario Pereira Fernandez

Pereira Fernandez, Mario
Nacín no Barrio de Abaixo de Lalín, na casa do Mazaroco. El; Secundino Pérez, fora o taxista do Seminario de Estudos Galegos polas terras de Deza e, cando fixen os seis meses, empezoume a levar de copiloto. As súas fillas líanme contos case todos os días e hoxe manteñen moita memoria da miña infancia. Hai pouco contáronme unha das miñas primeiras "mentiras". Andaría eu nos seis anos e latei a escola por primeira vez. Meus pais pedíronme unha explicación e eu deilla: "Fun pescar troitas a unha silveira". Non sei se o creron, pero tampouco non recordo que me preguntasen se pillara algunha... Visto agora, iso de pescar troitas nunha silveira non me parece unha mala definición da miña afección literaria.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR