Vagalume de versos

10,20€

mercar

Vagalume de versos

María Canosa

Un libro que nos recorda o que pasa nas noites de verán.

Nas noites de verán, un dos espectáculos máis fermosos, ademais do ceo claro e estrelado, é ver os puntos de luz que desprenden os vagalumes, coándose entre as herbas, como tesouros agochados que chaman por nós. Así son estes poemas, sinxelos e naturais, coma se os versos estivesen voando entre as nubes, no aire, agardando ser atrapados por estas páxinas, para contarnos historias de todo o que no a rrodea.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 84
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 2014-10-15
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-552-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

faiscasFaíscas11,70€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

maria

Canosa, María
María Canosa (Cee, 1978), Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, sempre estivo vinculada á literatura galega, participando en seminarios, obradoiros, coloquios... e acadou diversos premios, entre os que destacan o Concurso de Contos da Asociación Cultural O Facho (1986-1992), o Certame Literario Terra Cha da Asociación Cultural Xermolos (1989-1992), o certame Contos en Galego-ONCE (1992) e o certame Francisco Fernández del Riego (1993).

A súa obra poética está recollida en volumes colectivos: O trasno rebuldeiro. Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte, Rumbo ás illas e Nós, as tres publicadas en 1997. Outras obras colectivas nas que participou foron: Dezaseis relatos (1995), Mini-relatos (1999), Narradoras (2000), Achegamento ao libro (2001) e Lecturas de aquí e acolá. 3 e 4 (2005). A súa obra narrativa componse dos seguintes títulos: Bramido maino (1997), A pedra de seixo (1997), Á espreita na penumbra (1999), e Leo era un león (2002). Desde xullo de 2006 colabora semanalmente como articulista no xornal La Voz de Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR