Estás aquí:

Código: 2139

Uxío Novoneyra. Antoloxía poética

2,00  IVE INCLUIDO

O profesor e poeta Arturo Casas, un dos críticos literarios galegos de maior prestixio, prologa e selecciona esta escolma da obra poética de Novoneyra.

Desde os poemas da terra á poesía comprometida, da obra caligráfica ás elexías e a poesía amorosa, esta antoloxía recolle tamén a obra menos coñecida de Novoneyra, a dos poemas do Camiño de Santiago.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 176
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 07/04/2010
Dimensións 135 x 190 mm. mm.
Colección: Letras Galegas
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-272-7
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Novoneyra, Uxío
uxio

Uxío Novoneyra (Parada de Moreda, O Courel, 1930-Santiago de Compostela, 1999). Realizou estudos en Lugo e Madrid, nesta última cidade na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense. Iniciado no galeguismo nacionalista da man de figuras como Carlos Maside, Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro, entre os anos 1962 e 1966 vai residir a Madrid, traballando na radio e na televisión, converténdose nun gran divulgador da poesía galega e universal. Relacionado así mesmo co grupo Brais Pinto e participante nas tertulias do café Gijón, Uxío Novoneyra proxectou sobre o Madrid artístico e cultural unha notable presenza literaria e humana.

Retornado ao Courel no ano 1966 e afincado definitivamente en Santiago de Compostela desde o ano 1983, exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ata a súa morte, e desenvolveu unha importante actividade como recitador de poesía, tarefa en que foi un consumado mestre. Considerado un clásico vivo desde a súa mocidade por lectores e crítica, faleceu no outono de 1999 en Santiago de Compostela.

Entre as súas obras, cómpre salientar Os eidos (1955), Os eidos 2 (1974), Muller pra lonxe (1987) e Do Courel a Compostela: 1956-86 (1988).

En 2010 é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

As súas obras

Uxío Novoneyra. Antoloxía poética
novoneyra
2.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
12.50€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
11.00€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
descatalogado
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
descatalogado
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
9.80€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
9.30€ CON IVE