unha viaxe

13,00€

mercar

Unha viaxe no Ford T

Xerardo AgraFoxo

Gañadora do Premio de Novela García Barros 2004, Unha viaxe no Ford T é unha novela na que viaxes, amor, e literatura tecen unha abigarrada e vivaz trama de intereses e paixóns onde se ve apreixado o protagonista, un fotógrafo free lance.

Unha viaxe no Ford T ten unha prosa de ritmo áxil e accións desencadeadas coa que logra manter o interese do lector ou lectora ata o final.

A personalidade literaria de Ernest Hemingway e as súas viaxes a Galicia son o marco literario no que se desenvolve a historia que Xerardo AgraFoxo conta en Unha viaxe no Ford T. Logo da súa estadía na Finca Vigía, a casa que o escritor norteamericano posuía en Galicia, un fotográfo descobre casualmente varias pistas que o levan a coñecer a historia de amor vivida por Hemingway en Galicia nos seus tempos de xornalista. De aquí parte a novela de AgraFoxo para ir desenvolvendo, cunha sorpresa despois doutra, unha narración na que o misterioso atractivo dunha muller vai agochar a cara oculta dunha paixón. Narrada cunha prosa directa que conquista e atrapa, esta novela é a confirmación dun escritor con oficio e pulso literario de seu.

O Premio García Barros volve enriquecer o panorama narrativo galego coa obra dun escritor que renova o xénero da novela de viaxes. AgraFoxo, segundo palabras do xurado que lle outorgou este premio, xoga coas referencias culturais e fai un tratamento orixinal e moderno que sitúa a novela na encrucillada entre o local e o cosmopolita. Unha prosa limpa, rica e vivaz, que fai que o lector ou lectora emerxa nunha trama insospeitada que mantén a tensión narrativa durante todas as páxinas da novela.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 220
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 140 x 21
  • Data Publicación : 2004-11-29
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-755-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-da-vella-libreriaO segredo da vella libreríaXabier López López
amor-por-catroAmor por catroHelena Villar Janeiro
de-gres-a-cadizDe Gres a CádizXosé Neira Vilas

Autor/a

xerardo_agrafoxo-01

AgraFoxo, Xerardo
Xerardo AgraFoxo (Noia, 1952) é profesor e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e leva escritos máis de vinte libros de investigación histórica, entre eles os tres volumes de A Guerra Civil en Lousame e Noia, amais do libro Memorias do franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002). No ano 2006, seguindo coa súa tarefa de historiar a vida do seu concello, publicou os volumes Crónicas dunha democracia (A transición política en Noia. Os dous mandatos de Díaz Fornas) e A revolta nacionalista (A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González). Dous libros que tiveron continuación cando saíu, en 2008, o derradeiro volume desta triloxía: Noia no cambio de século. No ano 2007 publicou Biografía de María Mariño e María Mariño: retrato dunha vida. Como narrador, no ano 2003 deu ao prelo o libro de relatos O triángulo de Óscar Wilde, un periplo narrativo por varios personaxes e autores da literatura e a arte universal escrito desde a convicción de que a ficción pode axudar a clarexar os matices da historia real. No ano 2004, obtivo o Premio García Barros coa novela Unha viaxe no Ford T e posteriormente vería a luz O violinista de Malá Strana (2008), tamén do xénero novelesco.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR