puta

10,50€

mercar

Unha puta percorre Europa

Alberto Lema

De Jonathan Swift a Pasolini, da novela policial á novela política, da narrativa compostelá á literatura feminista, velaquí un texto escrito coas armas da literatura de masas.

Sabemos que a beleza non é cega, que nos prefire altos e mansos. Sabemos que a censura, como a enerxía, non se extingue, transfórmase. Cómpre, entón, buscarlle as costas á relación oficial dos feitos, relatar as zonas escuras no mapa do presunto alustre das democracias occidentais. Unha puta percorre Europa asexa nese extenso territorio, entre o ilegal e o obsceno, que é a nosa casa. Quere facer, por fin, visible o visible.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 124
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 12,5 x 22 cm.
  • Data Publicación : 2008-04-29
  • Colección : Illa Nova
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-089-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

daDa Máquina15,50€
sidecarSidecar13,50€

Actividades relacionadas


Novidades

milicianosMilicianosCastelao

lema

Lema, Alberto
Alberto Lema (Bamiro, Vimianzo, 1975) é licenciado en Filoloxía Inglesa, traballou de mozo de almacén, camareiro e chofer de camión. É autor do poemario Plan de fuga (2008), e dos libros de narrativa Unha puta percorre Europa e Sidecar.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR