Estás aquí:

Código: 2284

Un pozo moi fondo

14,70  IVE INCLUIDO
Anorexia, bulimia e outros trastornos da conduta alimentaria
Un pozo moi fondo pretende ser unha guía útil para as familias, os docentes, e os propios doentes, para saber como enfrontarse aos trastornos da conduta alimentaria. Nunha linguaxe clara e accesible a todo o mundo, o doutor Iglesias Diz, especialista recoñecido neste tipo de cuestións, fainos ver cando nos debemos alarmar diante de determinados comportamentos e como recoñecer os síntomas que anuncian a aparición da enfermidade, ao tempo que nos ofrece estratexias para desde a casa, a escola, os medios de comunicación, etc., abordar esta espiñenta cuestión coa seguridade de que estamos a facer o correcto. Anorexia e bulimia son xa dous termos que nos remiten a unha das máis terribles pragas destes tempos que andamos a vivir. Quen entra nelas entra nun pozo moi fondo. Pozo do que é posible sair.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 80
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 05/03/2012
Dimensións 165 x 240 mm. mm.
Colección: Biblioteca de Intervención Social
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-420-2
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Iglesias Diz, José Luis
jose luis

José Luis Iglesias Diz é doutor en Medicina e especialista en Pediatría e Puericultura. Leva moitos anos centrando o seu traballo, e as súas publicacións científicas, en cuestións relacionadas coa medicina da adolescencia. É médico en exercicio no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), na Área de Pediatria e Adolescencia.

No seu primeiro traballo coa Editorial Galaxia, centra os seus esforzos en procurar unha explicación clara e sinxela dos transtornos alimentarios para que saibamos como enfrontarnos a eles e de que maneira actuar en cada caso.

As súas obras

Un pozo moi fondo
pozo
14.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca de Intervención Social

A poesía necesaria
poesia
14.70€ CON IVE
En galego, por que non?
galego
17.75€ CON IVE
Pequenas historias
Pequenas historias
14.70€ CON IVE
Por que non aprendo?
aprendo
14.70€ CON IVE
Un pozo moi fondo
pozo
14.70€ CON IVE