Un fillo

Alejandro Palomas

Este libro conta a historia de Guille,

un neno riseiro, introvertido, imaxinativo e aparentemente feliz. Pero iso é só en aparencia porque, por debaixo de tanta felicidade, atópanse cousas algo escuras.

Guille só ten unha amiga. Semella feliz e forte, mais é fraxil, e cun misterio sen resolver. Temos que coñecer o seu pai en crise, a súa nai atarefada, a unha mestra curiosa e incluso a súa psicóloga, para que o labirinto teña unha saída.

Alejandro Palomas ofrécenos unha novela chea de tenrura, verdades a media voz e, sobre todo, misterio…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 220
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 15/10/2020
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-552-4
  • Edición :
  • Nº na colección : 119
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

Autor/a

alejandro-palomas-sofia-toscano

Palomas, Alejandro
cursou estudos de Filoloxía Inglesa na Universidade de Barcelona, especializándose máis tarde en Poesía no New College de San Francisco, nos Estados Unidos. Tras completar estes estudos traballou como tradutor en importantes editoriais e como colaborador de varios medios de comunicación, actividade que soubo alternar co seu labor como escritor. De entre a obra de Palomas habería que destacar moitos títulos pero, sobre todo, a triloxía formada polos libros Una madre, Un hijo e Un perro. Foto do autor de Sofía Toscano


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR