Un chapeu negro

15,50€

mercar

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Montse Pena Presas

Gonzalo Enríquez Veloso

Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño

É un libro-DVD con dúas realidades e un único obxectivo. A primeira realidade está na pantalla, da man do interesante documental de Gonzalo Veloso; onde a familia, os amigos, os compañeiros de profesión e as investigadoras miran baixo o chapeu negro para relatar quen era en realidade Roberto Vidal Bolaño, amosando unha singular visión que, sen dúbida, axudará a comprender mellor a súa obra. A segunda realidade está no libro, no texto escrito por Montse Pena Presas, que tenta desvelar que hai detrás do nariz de pallaso, achegando dun xeito lúdico e rigoroso as caractarísticas principais da produción do dramaturgo, sen esquecer o director de escena. Imaxe e palabra fúndense para conseguir que calquera lectora, calquer espectador, remate o DVD e peche o volume pensando, unicamente, en mergullarse nas pezas dramáticas de Roberto Vidal Bolaño. Dende o patio de butacas ou a través dun libro. Porque o teatro achega, tamén, esas dúas máxicas posibilidades.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 76
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 245 mm.
  • Data Publicación : 2013-04-03
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-480-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

de-gres-a-cadizDe Gres a CádizXosé Neira Vilas

Foto Montse Pena

Pena Presas, Montse
Sada, 1981. É licenciada en Filoloxía Galega e DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC; e máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Na actualidade, traballa como profesora no Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias Sociais da USC, feito que compaxina coa crítica literaria en diversas revistas e xornais e coa investigación en literatura infantil e xuvenil, o seu ámbito de especialización. Publicou diversos estudos sobre esta materia e é coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia ou a guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II.

Foto Gonzalo Enríquez

Enríquez Veloso, Gonzalo
Naceu na Coruña en 1985. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola UDC, actualmente está realizando a súa tese de doutoramento na área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, realizou estancias de investigación en universidades como Princeton University e publicou diversos traballos nos eidos da cultura, a literatura e o audiovisual.
Combina a vida académica coa creación de documentais, entre os que destacan Peregrinos sen retorno, seleccionado no 16º OUFF, Lois Pereiro. Seguindo os surcos, nominado nos Mestre Mateo que outorga a Academia Galega do Audiovisual e Deconstruíndo a Valentín Paz-Andrade, estreado en decembro de 2012 no Museo de Pontevedra.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR