bico

27,00€

mercar

Un bico de amor e vida

Xosé Antonio Neira Cruz

Recreación do conto tradicional de A Sereíña a cargo de Xosé A. Neira Cruz, coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("Mares nocturnos", de Manuel Balboa) e da voz da actriz de dobraxe María Inés Cuadrado.

Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto d’A Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será posible un amor así?

A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe –cando o azul do mar se nos volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do mar están a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata.

A botella con mensaxe dentro –ou con mensaxes superpostas- complétase coa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda a maxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura.

Literatura, Ilustración e Música.
Amor, Mar e Lembranza.
Tradición, presente e modernidade.

Velaquí os contidos desta botella con mensaxe que chegou arestora á praia de Editorial Galaxia. Abonda con axitala, destapala e ulila. A fragancia deses contidos aparecerá combinada ao gusto de cada lector/a. Iso si: cun profundo ulido a mar.

Un bico de amor e vida é unha proposta literaria de Xosé A. Neira Cruz, que conta coas ilustracións de Enjamio e coa música de Manuel Balboa, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave.
Este álbum forma parte da colección "Árbore Musicontos", na que tamén saíron os títulos:

· O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Rodrigo Chao e música de Gioachino Rossini, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008)
· O debut de Martino Porconi, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Federico Fernández e música de Benjamin Britten e Dimitri Shostakóvich, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008).

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 44
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 295 x 220 mm
  • Data Publicación : 2009-02-17
  • Colección : Árbore Musicontos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-142-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Un bico de amor e vida2009-04-22 09:30:19


Actividades relacionadas

Contacontos de Ana Carreira2009-09-29 18:30:00

Novidades

as-que-mais-molan-maria-fumacaAs que máis molan!!! UxíaMagín Blanco
hermes-aprendiz-de-magoHermes, aprendiz de magoManrique Fernández
a-ledicia-de-lerA ledicia de lerCarlos Casares
a-pel-do-mundoA pel do mundoBerta Dávila

Neira Cruz

Neira Cruz, Xosé Antonio
Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán.

Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques con 'O punto da escarola', e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR