abrente teatral

22,00€

Non dispoñible

Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia

Dolores Vilavedra

Inma López Silva

Un completo e sistemático estudio do fértil movemento escénico xerado arredor das Mostras e Concursos teatrais dos anos 70 en Ribadavia.

Entre 1973 e 1980 celebráronse na vila ourensá, organizadas pola Asociación Cultural Abrente, unha serie de mostras e concursos teatrais que supuxeron o inicio do teatro profesional galego. As autoras deste libro puideron acceder á documentación de Abrente, gardada no Museo Etnolóxico de Ribadavia, e elaborar este rigoroso estudo. A súa visión complétase cos testemuños escritos para este libro por algúns dos principais protagonistas daquela historia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 312
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 199
  • Data Publicación : 2002-07-01
  • Colección : Continental (Xornalismo)
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-554-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

dolres

Vilavedra, Dolores
Dolores Vilavedra (Vigo, 1963) é profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago, directora adxunta do Anuario de Estudios Literarios Galegos e coordinadora do Dicionario da literatura galega. A súa extensa actividade como académica e investigadora complétase cun amplo labor nos campos da crítica literaria, a edición de autores galegos e a tradución.

inma

López Silva, Inma
Inma López Silva naceu en 1978 en Santiago de Compostela. É unha das novas narradoras galegas máis destacadas. A súa novela Neve en abril gañou o Premio Rúa Nova en 1996. Seguiron os relatos de Rosas, corvos e cancións. Con Concubinas obtivo o Premio Xerais 2002. No 2007 publicou New York, New York, diario dunha estadía na cidade norteamericana, que despois foi traducido para o castelán.

Desde moi nova soubo que a literatura sería a súa canle para ver e expresar o mundo. Moi pronto, no ano 96, gaña o Premio Rúa Nova, convocado pola Biblioteca Nova 33, de Santiago. Ese primeiro froito literario sorprendeu a lectores e crítica pola madurez que evidencia unha novela que recupera o drama nunca suficientemente contado da Guerra Civil. Neve en abril foi o libro que mereceu o dito galardón e que no 2005 renace en Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades, tamén aqueles que están a piques de comezar o seu percorrido pola vida adulta. Inma, ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Coa novela Memoria de cidades sen luz, publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008. En 2016 recibiu o Premio Insua dos Poetas como recoñecemento aos seus 20 anos de carreira literaria.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR