foto

25,00€

Non dispoñible

Tres poetas medievais da ría de Vigo

Xesús Alonso Montero

Henrique Monteagudo

Luz Pozo Garza

Suxestiva visión do microcosmos lírico que conforman as cantigas de Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas.

O libro é o resultado das achegas de tres estudosos que, desde as ópticas máis acordes coas súas traxectorias de traballo, se aproximan ao mundo da poesía galega da Idade Media. Henrique Monteagudo asina un estudo de carácter introdutorio sobre o marco histórico e literario no que se desenvolve a lírica trobadoresca. Luz Pozo Garza leva a cabo unha detallada análise das cantigas e Xesús Alonso Montero explora a historia bibliográfica e crítica da poesía galego-portuguesa, dende a súa descuberta e primeiras edicións ata a súa presenza constante no devir da lírica galaga do século XX.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 356
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 138 x 210
  • Data Publicación : 1998-05-01
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-199-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Vigo, 200 anos2011-02-04 15:00:14


Actividades relacionadas


Novidades

palabra-de-bruxaPalabra de bruxaAndrea Barreira Freije
do-amado-amodoDo amado amodoManuel Outeiriño
o-ouro-das-luasO ouro das lúasBeatriz García Turnes

alonso

Alonso Montero, Xesús
Ensaísta e polígrafo nado en Vigo en 1928. Pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural tras a Guerra Civil. Dende entón desenvolveu un abondoso traballo de publicitación e espallamento da cultura galega nas súas distintas dimensións.
Foi elixido Presidente da RAG en abril de 2013

henrique

Monteagudo, Henrique
(Muros, 1959). Doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 2010 é membro numerario da Real Academia Galega. Membro do Instituto da Lingua Galega, actualmente é codirector da revista Grial e secretario do Consello da Cultura Galega. O seu traballo desenvólvese principalmente nos eidos da filoloxía medieval, a edición de textos literarios (Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Castelao) e os estudos sociolinguísticos e de historia do idioma galego. É autor da Historia social da lingua galega e coautor dunha Gramática galega e dun Diccionario normativo galego-castelán.
É secretario da RAG dende Abril de 2013

Autor/a

luz-pozo

Pozo Garza, Luz
Naceu en Ribadeo en 1922. En 1936 trasladouse a Lugo, sendo seu pai perseguido polo fascismo, e logo a Larache (Marrocos). Logo viviu durante bastantes anos en Viveiro. Fixo estudios de Música, de Maxisterio e de Filoloxía Románica, estes últimos na Universidade de Oviedo. Desenvolveu en Vigo unha longa traxectoria de docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario, xubilándose en 1987 no Instituto de Nigrán. Entre 1975 e 1976 codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión. É membro da Real Academia Galega dende o 29 de novembro de 1996. O seu discurso de ingreso na RAG titulouse “Diálogos con Rosalía”. Luz Pozo Garza é unha voz fundamental da poesía galega dende que publicou o seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral. Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez. No 2001 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, no 2009 recibiu o premio Ramón Piñeiro "Facer país" e en 2017 foi homenaxeada pola Real Academia Galega.  


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR