Tonecho

Xaquín Marín

A Editorial Galaxia recupera o mítico Tonecho de Xaquín Marín

Tonecho é un personaxe mítico creado polo non menos mítico debuxante Xaquín Marín. Dende as páxinas da inesquecible revista Golfiño (2000-2004), que educou visualmente varias xeracións de galegas e galegos, e onde traballaban os máis grandes do humor gráfico de Nós, Tonecho aparecía como unha voz cargada de retranca, inxenua, mais de profunda sabedoría, e moita crítica. Nesta edición, a Editorial Galaxia recupera este traballo dun Xaquín Marín pletórico nun instante crucial da súa carreira.

Esta edición que agora publicamos recolle a colección completa de Tonechos.

Para ler e rir con vagar

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 116
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 210 x 295
  • Data Publicación : 22/11/2017
  • Colección : Obra Gráfica
  • Editorial : Galaixa
  • ISBN : 978-84-9151-093-2
  • Edición : 1ª ed.
  • Nº na colección : 2
  • Observacións : 1ª impr.

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña
ammeám@meChis OliveiraAmada Traba

Autor/a

xaquin-marin

Marín, Xaquín
Xaquín Marín é dos autores máis clásicos das viñetas galegas. Desde o inicio da súa carreira ten compaxinado ilustración, BD e un inxente labor como cartelista e humorista gráfico. Asinou álbumes de BD como ""Dos pés á testa". Ten colaborado cunha infinitude de publicacións que inclúen "Teima", "A Nosa Terra", "El Ideal Gallego", "Das Kapital", "Can sen dono", "A ameixa cacofónica", "Diario16", "La Codorniz" e "Hermano Lobo". Colaborou regularmente coa revista "Golfiño" nas súas dúas etapas. Defensor das libertades e da lingua galega nos anos finais da dictadura, contribuiu activamente a iniciativas artísticas posteriores como a resposta crítica á crise do Prestige, promovendo a exposición "Humor Cru" e participando no álbum de cómic "H2Oil" (2003). Xaquín é a alma mater e director do Museo do Humor de Fene, unha iniciativa sen parangón no estado.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR