9788491514497

15,20€

mercar
Etiquetas: , , , , ,

Teño medo

David de la Iglesia

É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.

Quizais todos estean aínda a durmir! Só está Mr. Robot, quen se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno que o precise.

Desde cativo é frecuente que Lucas teña pesadelos, case sempre relacionadas cos seus medos máis comúns: a escuridade, o sentimento de indefensión ante a soidade, os seres fantásticos de tradición popular…O pequeno cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a superalos.

Esta historia está baseada nas experiencias e conversacións reais que Lucas e o seu pai manteñen habitualmente. O seu pai decidiu escribir e ilustrar este libro para regalarllo ao seu fillo. É un exercicio para tentar axudar ao neno para verse desde fóra plasmado nunha historia e que isto poida servirlle de estímulo para superar os seus temores mais frecuentes.

O medo a escuridade e un medo ancestral, e como emoción universal se experimenta xeración tras xeración. Quen sabe, quizais outros nenos poidan sentirse identificados con esta pequena e sinxela historia e tamén a eles lles sirva de axuda. A Lucas e á o seu pai faríalles moi feliz que así fose.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 20
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 06/03/2020
  • Colección : Álbumes
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-449-7
  • Edición :
  • Nº na colección : 12
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Autor/a

david-de-la-iglesia

de la Iglesia, David
David de la Iglesia Pregal (Vigo, 1977) é director creativo, deseñador gráfico e fotógrafo. Naceu e traballa en Vigo, e a súa principal actividade céntrase no deseño gráfico e a fotografía comercial. Organizar, deseñar, desenvolver… crear. "Gústame o deseño sinxelo, creativo e con concepto. Pensar e deseñar despois". Durante máis de quince anos traballou en estudos de deseño ou como  freelance e colaborou con variadas axencias de publicidade e márketing. Realizou proxectos para institucións gobernamentais e culturais e empresas de diferentes sectores (industrial, comercio, saúde, estética, turismo, hostalería e editorial, entre outros).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR