ten ten a miña casa

8,50€

mercar

Ten, ten a miña casa ten …

Xoán Babarro González

Abre o libro e viaxa por ríos e montes, cidades e nubes

Atletas, augas, aureanas, barbantesas, barcas, barcos, bardos, beléns, bruxas, buguinas, buxainas, cabaliños, camiños, campás, carreiros, doces, dragóns, fadas, feitizos, flores, froitas, fumarolas, furnas, gaivotas, guirlandas, illas, infantas, instrumentos, lagoas, lobos… todo isto e máis neste libriño: versos sobre unha chea de lugares e debuxos como mapas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 84
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 116 x 189
  • Data Publicación : 2001-03-01
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-433-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros
sobre-a-lingua-galega-de-rosalia-de-castroSobre a lingua galega de Rosalía de CastroVictoria Álvarez Ruiz de Ojeda
9788491514497Teño medoDavid de la Iglesia

babarro

Babarro González, Xoán
Xoán Babarro naceu en 1947 en Calvelo de Maceda e reside na Coruña. É profesor de galego no ensino secundario e autor de numerosas obras para nenos e rapaces. Entre os seus libros pódense citar: O dragón de Gondomil (1989), Contos de trabecín trabezón (1993), A aldea das catro primaveras (1993) ou A princesa do cabaliño café (1994). Como el mesmo di: "Xoán Babarro naceu un día en que o dragón Samamede cubría a súa crista cunha capa branca e vía como nas augas da Limia paseaban, por entre os veos de brétema, o rei Arturo e a raíña Xenebra. Ao lado do dragón foi aprendendo os nomes da terra e descubrindo os seus feitizos. Xa de maior, coñeceu os bardos e os magos das palabras e, con eles, viaxou polas mil e unha rutas do mapa".


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR