Estás aquí:

Código: 1930

Sidecar

15,80  IVE INCLUIDO
As palabras do desexo e dos corpos van sumando as páxinas dos dous relatos que compoñen Sidecar.
Pausas, fracasos, cimas e perdas son algúns dos lugares onde o lector poderá atopar os protagonistas destas historias. E aínda lle queda tempo ao autor para deixarnos tamén o seu testemuño do real en forma de conflito laboral, nota sobre a emigración, ou mesmo un breve ensaio sobre a imposición do ideal amoroso. Remiso á hora de pretender referentes, apúntanos, preguiceiro, o Banquete de Platón "pola paixón polo viño, a carne e a conversa" e o cine de Fellini "cando se pon giallo". Cando ten que deixarnos un enderezo xenérico escolle "porno existencial, por dicir algo".

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 168
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 17/04/2009
Dimensións 12 x 22 cm mm.
Colección: Illa Nova
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-175-1
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Lema, Alberto
Alberto-Lema

(Bamiro, Vimianzo, 1975) é autor dos poemarios Plan de fuga (2008) e Crónica do chan (2014). En narrativa, publicou a novela breve Unha puta percorre Europa (2008), Sidecar (2009) e a novela Da máquina (2012). Entre 2015 e 2019 foi concelleiro de Emprego, Turismo, Promoción Económica e Mercados no Concello da Coruña.

As súas obras

Pazo de inverno
9788491517689
20.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Illa Nova

A vida fóra
vida
13.20€ CON IVE
Accidental
acidental
13.30€ CON IVE
Alusión
alusion
19.95€ CON IVE
Cartas marcadas
carta
20.70€ CON IVE
Constelación de Ío
constelacion io
12.90€ CON IVE
Días do final
dias
11.80€ CON IVE
Fragmentos de Ulises. 1926
Fragmentos ulises
13.20€ CON IVE
Oitocentos
oitocent
13.30€ CON IVE