foto

Siddhartha

Hermann Hesse

unha novela excepcional que fala do icomprensible rumbo da vida dos seres humanos

Siddhartha, fillo dunha familia nobre da casta dos brahmáns, distínguese dos mozos da súa idade pola súa intelixencia e sensibilidade. Pero os consellos dos maiores e as receitas da tradición do seu pobo non o satisfán. Incapaz de atopar acougo para a súa alma na sociedade convencional, únese, xunto co seu amigo Govinda, a un grupo de ascetas que viven no bosque. Esta decisión cambia radicalmente a súa vida e inicia un longo e aventurado proceso de aprendizaxe. Siddhartha é un intenso canto ó camiño individual cara á felicidade. Escrito cunha linguaxe poética e expresiva, preséntasenos unha novela que fala da busca, do amor, da morte, da redención. Velaquí temos un gran clásico da literatura universal por primeira vez en lingua galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 160
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 138 x 210
  • Data Publicación : 1999-05-01
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-269-7
  • Edición : 1
  • Nº na colección :
  • Observacións : NON DISPOÑIBLE

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

hermann hesse

Hesse, Hermann
Hermann Hesse (Calw, Suabia, 1877 - Montagnola, Suíza, 1962) é un dos grandes escritores alemáns modernos. Fillo de misioneros protestantes, empezou a estudar teoloxía, pero axiña abandonou esa carreira. En 1904 estableceuse en Suíza, dedicándose exclusivamente á literatura. Escribiu libros tan importantes como Baixo as rodas (1906; versión galega publicada por Galaxia en 1997), Demian (1919), Siddhartha (1922), O lobo estepario (1925) e O xogo dos abelorios (1943). En 1946 foille concedido o Premio Nobel de Literatura. Hesse revaloriza o papel do instintivo e do espiritual na conduta do home moderno e deixa ver un grande interese por certas formas de relixiosidade oriental. Desde a década dos anos 60, coa eclosión da contracultura e o movemento hippy, converteuse nun dos autores máis lidos e influentes entre a mocidade europea e norteamericana.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR