ser ou non

15,90€

mercar

Ser ou non

Xurxo Borrazás

Cada un dos libros de Xurxo Borrazás sorprende ao descubrir trazos inesperados na historia que conta.

Na novela esborrállanse as fronteiras entre ficción e realidade. Un escritor, sexo en internet, unha aldea abandonada, un amor non convencional… e os que están do outro lado: o xurado dun premio, os lectores, as lectoras. Pode ser actuación, xogo e finximento, ou non. Por iso esta novela relata a historia da súa propia creación, cóntase a si mesma. Porque a literatura tamén é real.

Foi traducida para o ruso pola Universidade de San Petersburgo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 188
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 140 x 210 mm
  • Data Publicación : 2004-05-11
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-701-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Manuel Vilariño en Galaxia2007-05-25 15:11:51


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

borrazas

Borrazás, Xurxo
Xurxo Borrazás (Carballo, 1963) é un dos escritores máis sobresaíntes da narrativa galega aparecida na última década do século XX. A súa produción literaria comprende os seguintes títulos: Cabeza de chorlito (1991), Criminal (1994), coa que obtivo o Premio da Crítica Española e o Premio San Clemente de lectores, Eu é (1996), Contos malvados (1998), O desintegrista (1999), Na maleta (2000) e Ser ou non no ano 2004 con Galaxia.

En 2007 publica o seu primeiro ensaio, Arte e parte.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR