A senda de sal

Fran Fernández Davila

Premio de novela por entregas "La Voz de Galicia 2017"

Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios cruciais da súa mocidade. Unha serie de acontecementos que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo xogou un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da memoria máis distante aqueles feitos en que, sendo neno, tivo unha participación fundamenteal. O autor combina á perfección o emprego ben dosificado dun estilo de claras reminiscencias literarias coa eficacia narrativa, facendo que a intriga medre en intensidade. Na costa sur de Galicia conflúen os dous bandos que pouco despois daberían de enfrontarse na contenda bélica mundial: aliados e nazis. Un drama no que os galegos tamén se verán implicados.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 136
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 06/11/2017
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-088-8
  • Edición : 1ª ed.
  • Nº na colección : 364
  • Observacións : 1ª impr.

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña
ammeám@meChis OliveiraAmada Traba

Autor/a

fran-fernandez-davila

Fernández Davila, Fran
(Canido, Vigo, 1974) é enxeñeiro de Minas, especialidade de Intensificación Enerxética, e traballa desde o ano 2000 como enxeñeiro de refrixeración. Foi finalista do Premio de Poesía Victoriano Taibo coas obras Capetán e Saint-Pierre-et-Michelon. En 2017, resultou gañador do Certame de Relato Curto "A Cividade", de Mos, con "O premio", e do MicroCatrorrelatos, con "As balas de Kock". Ese mesmo ano, obtén o Premio de novela por entrega de La Voz de Galicia con A senda de sal.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR