Estás aquí:

Código: 767

Santa morte

13,95  IVE INCLUIDO
A obsesión do límite (temporal, existencial, artístico)
atravesa e condiciona toda a obra literaria do autor, na que a arte intenta cubrirse cun veo de misterio. Afortunadamente, ese misterio presupón e inclúe a posibilidade necesaria do desvelamento, da lectura, da interpretación. Nada é completamente enigmático porque a literatura é real, a poesía é unha cousa producida, unha obra. O mundo é algo certo, consistente. Esa consistencia do mundo como algo perecedoiro, mais por iso mesmo real, é a que se amosa en Santa morte. A poesía é a inscrición que documenta esa experiencia temporal; os poemas ármanse con vimbios narrativos. Metáforas que carrexan as sombras e a luz. Ironía, se cadra. Ironía infiltrada de piedade, e, polo tanto, desposuída de cinismo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 116
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 123 x 220 mm.
Colección: Dombate
Nº na colección: 83
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-322-3
Observacións:

AUTORES/AS

Darriba, Manuel
manuel

Manuel Darriba (Sarria, 1973) é poeta, narrador e guionista. Autor de poemarios coma Calor ou Os indios deixaron os verdes prados (Premio González Garcés 2010);  do libro de relatos Elefante e de novelas como O bosque é grande e profundo (proposta ao Premio de Novela Europea Casino de Santiago 2013), Accidental e Velada do billarista (Premio Lueiro Rey 2000), as tres traducidas ao castelán. Como guionista profesional, escribe en series de ficción para dentro e fóra de Galicia e dirixiu varios filmes documentais.

As súas obras

Santa morte
9788491513223
13.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate

17 segundos
9788491516309
18.70€ CON IVE
A herdade
9788491517702
12.90€ CON IVE
A abertura da boca
9788491517481
12.00€ CON IVE
Antese
9788491517870
12.90€ CON IVE
Árbores no deserto
arbores-no-deserto
15.90€ CON IVE
Baleas e baleas
baleas-e-baleas
13.95€ CON IVE
Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas
9788491519447
13.95€ CON IVE
Canta de cerca a morte
9788471549112
esgotado