Saladina

Xavier Queipo

Velaquí un libro de amador, como anuncia o propio autor. Un libro que bebe das mesmas fontes onde Cunqueiro encontrou a Sinbad. Un libro de libros, ou de historias para engaiolar lectores.

É probable que cada lector ou lectora fique prendado dunha distinta. Por iso a cada viaxeiro lle corresponde "unha historia diferente, para que se expanda polo mundo e abraien os señores dos palacios e os rufiáns das tabernas, para que engaiolen as nenas en amores de príncipes encantados, e fagan soñar os rapaces aventureiros co que nunca viron… nin verán".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 100
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2007-12-10
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-024-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Os kowaOs kowa18,75€
articoÁrtico 2.018,60€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Autor/a

xavier-queipo

Queipo, Xavier
(Compostela, 1957) escribe e publica regularmente en galego desde 1990. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990); Ringside (relatos, 1993), O paso do Noroeste (Premio García Barros de Novela, 1996); Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (novela, 2001); O ladrón de esperma (relatos, 2001); Os ciclos do bambú (relatos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil, 2005); Dragona (novela, 2007); Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007); Saladina (novela, 2007); Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009); A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009); Cartas marcadas (ensaio, 2010); Ártico 2.0 (relatos, 2011), Extramunde (Premio Xerais de Novela 2011), Os kowa (Premio Blanco Amor 2015) e, xunto con Ramón Neto, do poemario Minutos para medianoite (2019). Membro do Dichterscollectif van Brussel desde 2007. Premio da Crítica española en 1991 e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez ao Autor do ano 2011. Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías, traduciu do francés a Amin Maalouf e Hervé Guivert e, do inglés, a Joseph Conrad e James Joyce.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR