sabeliña

10,20€

mercar

Sabeliña e os ratos

Paco Martín

Sabes por que os ratos veñen procurar os dentes que lles caen aos nenos?

Neste conto vas saber o que pasou co dente de Sabeliña, e o que pode suceder tamén con algún dos teus.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 32
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 16 x 20 cm
  • Data Publicación : 2008-03-04
  • Colección : Os Duros
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-020-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

paco martin

Martín, Paco
Nacido en Lugo en 1940, combina o ensino coa actividade literaria en campos como a novela, o relato, a literatura infantil e xuvenil e os escritos didácticos e divulgativos. O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo (1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume de relatos Dende a muralla (1990), obras todas elas obxecto de excelente acollida pola crítica. Mención a parte merece a súa contribución á literatura infantil e xuvenil, na que se fixo acreedor do Premio Nacional co libro Das cousas de Ramón Lamote e á que aportou libros como Lembranza nova de vellos mesteres (1988). Con Historias para ler á noite (1992) acadou un dos seus maiores éxitos. En maio do ano 2006 publica con Galaxia o libro de contos A bisneta lercha, e en 2008 Das novas cousas de Ramón Lamote.
No 2012 foi o autor homenaxeado na XIII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR