foto

6,20€

Non dispoñible

Romance de Micomicón e Adhelala

Eduardo Blanco Amor

Un príncipe xigante, unha raia histérica, un meigallo e moito máis nunha farsa adaptada por Sarabela Teatro.

Nun reino estraño gobernado por unha raíña histérica hai un pazo a piques de derrubarse baixo as arroutadas de Micomicón, un príncipe de dimensións desproporcionadas e xigantescas por mor dunha maldición. Entre tanto personaxe estrafalario destaca Adhelala, unha princesa en cativerio que posúe a sabedoría e a iniciativa precisas para cambiar as cousas. Só ela coñece a orixe do mal do príncipe e posúe o meigallo para curalo. Pero hai obstáculos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 88
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 120 x 170
  • Data Publicación : 2000-06-01
  • Colección : Sete Mares
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-376-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514169A casa xunto ao volcánXosé Ricardo Losada
9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala

Eduardo Blanco Amor

Blanco Amor, Eduardo
(Ourense 1897-Vigo 1979). A produción literaria de Blanco Amor comezou coa publicación de Romances Galegos (1928). A principios dos anos trinta entra en contacto con Castelao e con outros membros do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Escribe Poema en catro tempos (1931) e desde Bos Aires colabora coa revista Nós.

Foi ademais o fundador e director do Teatro Popular Galego (1957). Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga (1959), libro que será nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega, e xa en Galicia leva ao prelo Os biosbardos (1962). Tras publicar unha nova edición de A Esmorga (1970) e a longa novela Xente ao lonxe (1972), centrou a súa produción no teatro (Farsas para títeres e Teatro pra a xente).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR