Ramona Órbita. A dona do tempo

Pakolas

Chega Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprender a protexer a natureza!!!

Neste novo libro contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, posuidora dunha horta cibernética e unha perfeccionada  máquina do tempo. Así levaranos de viaxe pola Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, pola China Imperial, ou mesmo ao futuro, con moitas aventuras, personaxes e peripecias que gustarán por igual á xente miúda e a maiores.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 24
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 17/07/2020
  • Colección : Sonárbore
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-474-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 41
  • Observacións : Ilustracións de LAURA ROMERO

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Autor/a

pakolas

, Pakolas
Paco Cerdeira, Pakolas, é músico, compositor e produtor, comezou os seus pasos como membro do grupo Mamá Cabra. En 2014 forma a banda de música infantil, A Gramola Gominola, editando o seu primeiro traballo en 2015, A Gramola Gominola, para seguir con Cancións para desafinar (2017) e Bravas. O rexurdir da luz (2019), todos en Editorial Galaxia,  e tendo como eixe central o rock and roll, sendo unha proposta didáctica para os máis cativos da casa. O seu primeiro traballo en solitario sae en 2017, Pakolas (Galaxia), co apoio do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR