ramon

30,95€

mercar

Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega

Xesús Alonso Montero

Con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Ramón Piñeiro, Editorial Galaxia publica este libro no que o profesor Xesús Alonso Montero fai un percorrido pola vida e a obra do escritor, realizando un retrato moral e intelectual do autor de Filosofía da saudade.

Segundo Xesús Alonso Montero, Ramón Piñeiro non só logrou continuar o proxecto tronzado en 1936 senón reinventar a cultura galega. O autor salienta o papel do intelectual galeguista como promotor da recuperación da cultura galega en plena ditadura franquista, nun momento en que as Letras en lingua galega, na Galicia franquista, eran irrelevantes, case inexistentes, e o uso social do vello idioma do país faría pensar que ese idioma só había producir, no futuro, unha literatura subalterna, "dialectal" e folclórica.

Nese marco tan precario, cando non hostil, xorde o proxecto cultural que Alonso Montero describe pormenorizadamente en Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega. Desde o período anterior á Guerra Civil ata o seu papel como director literario de Editorial Galaxia, pasando polos anos de cárcere, a súa relación coa mocidade e a polémica con Luís Seoane, o libro é unha biografía intelectual de Piñeiro e un fresco do panorama cultural da época.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 454
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2009-05-13
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-189-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

alonso

Alonso Montero, Xesús
Ensaísta e polígrafo nado en Vigo en 1928. Pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural tras a Guerra Civil. Dende entón desenvolveu un abondoso traballo de publicitación e espallamento da cultura galega nas súas distintas dimensións.
Foi elixido Presidente da RAG en abril de 2013


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR