Estás aquí:

Código: 2676

Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo

50,00  IVE INCLUIDO
Premio da Crítica Galicia 2010 na categoría de Investigación
Para comprender unha das figuras fundamentais do galeguismo do século XX. Volume I: Pensamento O pensamento de Ramón Piñeiro resulta do esforzo hermenéutico para apreixar a idealidade que explica a acción política de toda unha xeración. Este libro pescuda no seu papel na reelaboración do herdo do galeguismo e na súa contribución á renovación da reflexión sobre a realidade dun país. Unha traxectoria que leva da idealidade do pensamento á acción política comprometida coa idea de Galicia como patrimonio político. Volume II: Acción política Neste libro ofrécese unha reflexión sobre o período que vai do ano 1943 a 1981. A figura central do seu protagonista, Ramón Piñeiro, resume as ilusións, angurias e fracasos que viviron e padeceron os compoñentes da mocidade galeguista -unha "xeración irrepetible"- que sobreviviu á Guerra Civil. Os mesmos que mantiveron viva a reivindicación dos dereitos políticos do pobo galego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 1086
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/10/2009
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-213-0
Observacións: Ilustracións de Blanca Millán

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Barros, Miguel
Miguel-Barros

Miguel Barros Puente (Carballedo – Cotobade, 1944) estudou Maxisterio en Pontevedra e doutorouse en Ciencias Políticas. Exerceu de mestre en Vigo ata a súa xubilación. Formou parte do grupo impulsor do Movemento de Mestres.

Afiliado ao Partido Socialista en 1978, despois de militar na CNT, foi concelleiro en Vigo en dous períodos (1979 e 2003) e membro do Parlamento de Galicia nas tres primeiras lexislaturas. Nos últimos tempos militou en Compromiso por Galicia.

Entre as súas publicacións salientan Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galicia (2006) e Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo, publicado por Galaxia en 2009, e polo que recibiu o Premio da Crítica.

As súas obras

Memoria dunha experiencia asemblearia
memoria-dunha-experiencia-asemblearia
28.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE