Quérote canto

Baldo Ramos

Eva Veiga

Dende un mesmo espazo compartido -o silencio- abrollan os poemas que,

seguindo camiños paralelos, acabarán por desembocar nun texto-libro onde a determinación da autoría se dilúe a prol da afluencia e a resonancia. Baldo Ramos e Eva Veiga deciden internarse uns días no mosteiro de Oseira, mais sen compartir durante a estadía o que pensan nin o que escriben. O resultado é a comprensión unha vez máis, de que a poesía é o verdadeiro territorio común, o lugar propicio da nosa soidade vinculada.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 204
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 125 x 220
  • Data Publicación : 10/06/2020
  • Colección : Dombate
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-466-4
  • Edición :
  • Nº na colección : 91
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

Autor/a

baldo-ramos-susa-blanco

Ramos, Baldo
(Celanova, 1971) cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Ten publicado, entre outros, os libros: Palimpsesto (2009) e Cartografía do exilio (2014). Recibiu numerosos premios, entre outros, o Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Concello de Carral, Fiz Vergara Vilariño, e foi accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara e do Premio de Poesía Miguel González Garcés.

Autor/a

baldo-ramos-eva-veiga-anxo-cabada

Veiga, Eva
(Ombre-Pontedeume, 1961) é autora, entre outros, dos libros de poesía: A luz e as súas cicatrices (2006), A distancia do tambor (2014, Premio Fiz Vergara Vilariño e Premio Poesía AELG), Soño e vértice (2016, Premio Poesía Concello de Carral e Premio da Crítica Española) e Silencio percutido (2016, Premio de Poesía Cidade de Ourense)


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR