Que me queres amor? (ilustrado)

Manuel Rivas

Diego Estebo

Edición conmemorativa 25 aniversario

Que me queres amor, Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996, supuxo para Manuel Rivas a súa consagración definitiva como narrador, e, vinte e cinco anos despois da súa publicación, que celebramos con esta edición ilustrada, segue a descubrir o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco, onde Rivas, sobre ese territorio en que a realidade linda cos soños, nos ofrece unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 144
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 168 x 240
  • Data Publicación : 16/11/2020
  • Colección : Xoán Ledo
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-573-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 2
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

manolo

Rivas, Manuel
Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un dos escritores máis destacados no actual panorama das letras galegas. Dende 2009 é membro da Real Academia Galega. É autor dunha obra literaria que abrangue títulos como os poemarios Libro do Antroido (1981), Balada nas praias do oeste (1985), Mohicana (1986), Ningún cisne (1989), Costa da Morte blues (1995), O pobo da noite (1997) e as obras narrativas Un millón de vacas (1989), Os comedores de patacas (1991), En salvaxe compaña (1994), Que me queres, amor? (Editorial Galaxia, 1995), O lapis do carpinteiro (1998) e Os libros arden mal (2006).

Rivas é tamén un dos representantes máis salientables do xornalismo galego de hoxe. Colaborador habitual do diario El País, dirixiu a revista Luzes de Galiza e ten recollido grande parte dos seus artigos xornalísticos en libros como Galicia, el bonsai atlántico (1990), Toxos e flores (1993), Muller no baño (2002) e Os Grouchos (2008). En 2009 recibiu o Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego por un artigo sobre Ramón Piñeiro; en 2011 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.

Autor/a

SONY DSC

Estebo Ortiz, Diego
(Barcelona, 1982). Formouse como deseñador e ilustrador en Vigo e na Coruña. Interesado en explorar as interseccións entre as distintas disciplinas, combina ambas as facetas durante anos en que traballa como freelance, así como en estudios e axencias. No ano 2016 comeza o proxecto Códigos (asinado como Tebo), que o leva a desenvolver e expoñer a súa obra na India, Bolivia, A Arxentina e Italia, lugares onde busca sintetizar unha linguaxe gráfica e persoal cos trazos de identidade locais. As súas colaboracións como ilustrador espállanse por distintas revistas e editoriais, das que Luzes, Principia, Xordica e Galaxia son as máis recentes.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR