Estás aquí:

Código: 2694

Por que fracasou a reforma do estatuto?

23,75  IVE INCLUIDO
E outros textos sobre autogoberno e financiamento autonómico.
Un libro do deputado e profesor de Económicas Xoaquín Fernández Leiceaga que ten intención de ser, en primeiro lugar, unha crónica do interregno progresista nun longo ciclo de dominio conservador en Galicia. Interregno caracterizado pola colaboración entre as grandes forzas políticas progresistas (PSdeG-PSOE e BNG), que efectúan un esforzo, insuficiente pero real, de aproximación de posicións para facer posible un goberno. Un compromiso semellante ao que noutros territorios permitiu as profundas reformas de diversos estatutos de autonomía así como a formulación dun novo modelo de financiamento autonómico. A crónica formúlase desde unha perspectiva precisa: a da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e o seu fracaso; e desde unha posición: a defensa do autogoberno de Galicia.
O autor texto revisa o proceso de descentralización español dos últimos trinta anos para concluír que foi un éxito á hora de integrar identidades plurais e de mellorar a eficiencia do conxunto do sistema, mais non esquece clarexar as contradicións que padece. Desde dentro, relátase o fracaso da reforma estatutaria en Galicia, explicando o longo e complexo proceso que o situou ás portas do éxito. Na segunda parte do libro abórdase a revisión do modelo de financiamento autonómico, que concluirá no ano 2009, desde os seus inicios, avaliando as propostas implícitas na proposta de Estatuto catalán e as cuestións derivadas da súa aprobación e das reformas paralelas emprendidas noutras comunidades autónomas. A novidade é intensa e desasosegante, por canto mediante normas estatutarias non sempre coincidentes se cobre un oco constitucional, o da inexistencia de criterios que regulen o modelo de financiamento das autonomías.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 236
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 11/07/2012
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-446-2
Observacións:

AUTORES/AS

Fernández Leiceaga, Xoaquín
Xoaquin-Leiceaga

Xoaquín Fernández Leiceaga (Noia, 1961), profesor titular de Economía Aplicada desde 1992, foi director do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (1998-1999: 2014-2016) e vicerreitor de Asuntos Económicos da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994). Como representante político, foi tenente de alcalde de Facenda (1999-2007) en Santiago de Compostela, deputado do Parlamento de Galicia (2005-2012), voceiro de Economía do Grupo Parlamentario Socialista (2005-2009) e voceiro do Grupo Parlamentario Socialista (2009-2011; 2016-2019). Candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE (2016), é senador en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicou, entre outros libros, Economía política do monte galego (1990), Capital estranxeiro e industrialización en Galicia (1993), El impacto de las multinacionales sobre las economías de acogida (1998) e, nesta mesma editorial. ¿Por que fracasou a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia? e outros ensaios (2010); en colaboración con outros autores, Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), Estrutura económica de Galicia (2000), Avellentamento demográfico e consecuencias socioeconómicas (2000), Os montes veciñais en man común (2006) e Galicia, ¿un pobo con futuro? (2014). Tamén e autor da novela Agosto de memoria e morte (2015).

As súas obras

O país do porvir
9788491514589
14.80€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE