vieiros saudade

29,50€

mercar

Polos vieiros da saudade

Ramón Otero Pedrayo

Crónica e testemuño perdurable da viaxe a Bos Aires que Otero Pedrayo emprendeu en 1947.

A través da súa magnífica prosa acompañamos a Otero Pedrayo na súa viaxe por Tui, Porto, Lisboa, Río, Montevideo e, por fin, Bos Aires, a cidade na que reencontra a Castelao e a outros vellos amigos e na que cre albiscar unha Galicia ben diferente á que acababa de deixar atrás.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 324
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2001-06-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-457-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

pericles-e-a-baleaPericles e a baleaXohana Torres
baleas-e-baleasBaleas e baleasLuisa Castro
the-making-ofThe making ofXavier Alcalá
o-padre-sarmiento-viaxeiroO padre Sarmiento, viaxeiroMarcelino Agís Villaverde

Otero Pedrayo

Otero Pedrayo, Ramón
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR