Estás aquí:

Código: 2508

Poesía bucólica latina

16,90  IVE INCLUIDO
Unha selección de poesía latina de temática bucólica, da que Virxilio foi o principal cultivador.
A edición, escolma e tradución ao galego destes poemas está a cargo de Fernando González Muñoz.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 244
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/07/1993
Dimensións 136 x 210 mm.
Colección: Clásicos en galego
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-453-0712-0
Observacións:

AUTORES/AS

Virxilio Maron, Publio
virgilio maron

Virxilio (Publius Vergilius Maro) (Andès, hacia 70 ac – Brindes, 19 ac) foi un poeta romano, autor das Bucólicas, as Geórgicas e A Eneida.

Fillo de campesiños, Virxilio puido estudar retórica e poesía grazas á proxección do político Cayo Mecenas (deste provén o termo mecenas aplicado a quen protexe e estimula as artes). Pasou grande parte da súa vida en Nápoles e Nola. Foi amigo do poeta Horacio e de Octavio, desde antes de que este se convertira no emperador Augusto. Escribira A Eneida cando realizou unha viaxe por Asia Menor e Grecia, co fin de constatar a información que volcara no seu poema máis famoso. En Atenas atopouse con Augusto e regresou con el a Italia, xa enfermo. Antes de morrer, a súa llegada a Brindes, pediu ao emperador que destruira A Eneida Augusto non cumpriu con ese pedido, para gloria da literatura italiana e universal.

No ano 37 aC. escribiu as Eglogas ou Bucólicas, poemas que exaltan a vida pastoril, a imitación dos Idilios do poeta grego Teócrito. Aínda que estilizados e idealizadores das personaxes campesiñas, inclúen referencias a feitos e personas do seu tempo. Na famosa égloga IV, cantase á chegada dun neno que traerá unha nova edade dourada a Roma. A cultura posterior encontrou aquí un vaticinio do nacemento de Cristo.

Entre o 36 e o 29 aC., compuxo Virxilio as Geórgicas, poema que é un tratado de agricultura, destinado a proclamar a necesidade de restablecer o mundo campesiño tradicional en Italia.

Por último, o poeta adicou once anos a escribir A Eneida, un poema en doce libros que relata as peripecias do troiano Eneas desde a súa fuga de Troia ata a súa victoria militar en Italia. A intención evidente da obra era a de dotar dunha épica á súa patria, e vincular a súa cultura coa tradición grega. Eneas leva ao seu pai Anquises sobre os seus hombros e ao seu fillo Ascanio da man. En Cartago, na costa de Africa, namora del a princesa Dido, quen se suicida tras a marcha do heroe. En Italia, Eneas vence a Turno, rei de rútulos. O fillo de Eneas, Ascanio, funda Alba Longa, cidade que máis tarde convertirase en Roma. Segundo Virxilio, os romanos eran descendentes de Ascanio, e polo tanto do propio Eneas. O estilo da obra é máis refinado que o dos cantos gregos nos que se inspirou.

O verso perfecto de Virxilio foi eloxiado e considerado exemplar na Idade Media, ao tempo que A Eneida era desmenuzada como un tratado de filosofía e política, cando non a consideraban a obra dun vidente. O esforzo dos renacentistas por unir o cristianismo coa cultura clásica atopou en Virxilio o seu principal referente.

As súas obras

Poesía bucólica latina
poesia latina
16.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Clásicos en galego

A conxuración de Catilina. A guerra de Iugurta
catilina
24.60€ CON IVE
A peza da enramada. Peza de Berto e María
adan de la halle
17.95€ CON IVE
A sogra. Os irmáns
terencio
19.70€ CON IVE
Áiax / Electra
sofocles
24.95€ CON IVE
Anfitrión, Asinaria
anfitrion plauto
15.60€ CON IVE
Aulularia
plauto
16.90€ CON IVE
Carmina Burana. Poemas de amor.
Carmina Burana
26.95€ CON IVE
Cartas
ciceron
25.60€ CON IVE