poesia 1932

14,90€

mercar

Poesía 1932-1933 (Mar ao norde/Cantiga nova que se chama Riveira/Poemas do si e non)

Álvaro Cunqueiro

Os tres primeiros poemarios de Cunqueiro, o triunfo definitivo da modernidade na poesía galega

Nestes poemarios o autor soubo conxugar o pulo creador das vangardas de principios do século XX coa inspiración herdada da poesía galego-portuguesa. A carón do simbólico e ousado itinerario de Mar ao norde, a perfección anovadora de Poemas do si e non compleméntase coa audaz recreación da tradición medieval en Cantiga nova que se chama riveira. Poesía escrita, por outra banda, en plena Segunda República, cando a cultura galega gozaba dun esperanzado período de esplendor.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 140
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2004-02-01
  • Colección : Biblioteca Álvaro Cunqueiro
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-665-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

alvaro-cunqueiro

Cunqueiro, Álvaro
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) dedicouse desde moi novo á literatura e ao xornalismo. Coa súa mestría estilística, o seu libérrimo uso das convencións literarias e a súa capacidade de integración de diferentes tradicións culturais, Cunqueiro anovou fondamente a literatura galega. Da súa obra escrita en galego destacan títulos coma Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Don Hamlet e Herba aquí e acolá.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR