A pluma insubmisa. Ensaios inéditos

Manuel García Barros

Recolle tres ensaios inéditos de Manuel García Barros,

asinados como Fulgencio Tizón, onde defende a razón fronte ao descoñecido, o demostrable fronte ao  indemostrable, o que se pode ver fronte ao invisible, e a razón e a educación como medio para acadar a liberdade. Ao mesmo tempo amosan o seu marcado anticlericalismo, que é o aspecto máis salientable destes textos, aparecendo dun xeito directo e sen posibles interpretacións, o que lles dá a estes ensaios un valor imprescindible para o coñecemento do escritor estradense.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 204
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 1+0
  • Data Publicación : 10/06/2019
  • Colección : Letras galegas clásicos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-343-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 5
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

fotoEnredos10,70€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

garcia barros

García Barros, Manuel
Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955. Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR