Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal

Xosé María Rei Lema

Perfecto López, coñecido coma O Tato da Valiña, naceu no lugar da Toxa-Vimianzo o 12 de maio de 1904.

Traballou como xornaleiro e carboeiro antes de emigrar á Arxentina, da que volveu logo de desenvolver distintos oficios. Retornado a América, de novo na Arxentina, conseguirá facer fortuna coa representación e venda de vehículos estadounidenses. Fundará unha empresa na que se empregarán moitos veciños chegados de Galicia. En 1950, en Buenos Aires, foi elixido presidente da Asociación ABC do Partido Xudicial de Corcubión, colaborando no financiamento da estadia de Alfonso Castelao e esposa na Arxentina. Neste libro revísase a súa vida e o seu legado na Galicia exterior naquelas décadas cruciais para entender o noso propio país.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 196
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 10/10/2018
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-195-3
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 42
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

as-ramonasAs ramonasAna Cabaleiro
adios-maria-2018Adiós MaríaXohana Torres

Autor/a

xose-maria-rei-lema

Rei lema, Xosé María
(Bamiro-Vimianzo, 1972) é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e traballa como asesor lingüístico no mundo audiovisual. Ademais dedica o seu tempo á divulgación da Costa da Morte, á que dedicou varias obras, entre elas o Vocabulario de Soneira de Francisco Romero Lema (2000), A feira de Baio (coautor, 2007), A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (coautor, 2010), Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte (2011), Textos literarios sobre a Costa da Morte (2011), e 50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014) (2015). Os emigrantes deste territorio tamén foron obxecto de estudo en publicacións  como As historias de Pepe de Xan Baña (2007) ou Pepe Collazo. Obra poética (en imprenta), ademais de diversos artigos en revistas especializadas e no seu blog noherbalazurdoceo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR