Pelerinaxes. Itinerario de Ourense ao San Andrés de Teixido

Ramón Otero Pedrayo

A edición deste libro contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e da Deputación de Ourense

Prólogo e ilustracións de Vicente Risco

Ás seis da mañá do luns 4 de xullo do ano 1927, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey comezaron unha viaxe que os ía levar a pé ao Santo André de Terixido, no cabo do mundo. Sete días despois, pasando por Viana (preto de Chantada), Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Vilalba, As Pontes de García Rodríguez e Ortigueira, chegaron ao seu destino. En setembro de 1929, a editorial Nós tiraba do prelo na Coruña o libro en que Otero Pedrayo fai o relato desa viaxe a Teixido.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 204
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 16/06/2017
  • Colección : Biblioteca Otero Pedrayo
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-067-3
  • Edición :
  • Nº na colección : 11
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

guedellasdesedaelino2017Guedellas de seda e liñoMaría Victoria Moreno
grial-214Grial 214 VV.AA.

Otero Pedrayo

Otero Pedrayo, Ramón
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR