foto

Non dispoñible

Non dispoñible

Pedro Alecrim

António Mota

Pedro Alecrim é un rapaz da aldea que nos conta o curso escolar que comeza e que será decisivo para a súa vida

O protagonista fálanos primeiro das falcatruadas que fan el e mais os seus compañeiros nas clases. Explícanos como copian, por exemplo, pero tamén os plans que teñen para facérense ricos. Un día, sen embargo, o pai de Pedro enferma e o cativo ten que preocuparse doutras cousas. Os estudios non lle van mal, pero pensa que non lle servirán de moito o día de mañá. Ó mesmo tempo, algúns dos seus amigos deben enfrentarse tamén a outros problemas, aínda que ningún tan grave como o que afecta a Pedro, que perde ó seu pai, deixa os estudios e acaba facendo de aprendiz dun ferreiro.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 108
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 114 x 202
  • Data Publicación : 1991-10-01
  • Colección : Árbore a partir de 12 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-802-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

António Mota

Mota, António
Naceu no lugar de Vilarelho, no distrito de Porto, en Portugal, o día 16 de xullo do ano 1957. Deuse a coñecer como escritor no ano 1979, cando publicou o seu primeiro libro, titulado A aldeia das Flores. Pouco despois, en 1983, coa novela xuvenil O rapaz de Louredo gañou o Premio da Asociación Portuguesa de Escritores. Finalmente, en 1990 obtivo o prestixioso Premio Gulbenkian de literatura xuvenil polo seu libro Pedro Alecrim que foi considerado como a mellor novela para rapaces publicada en Portugal nos dous anos anteriores. Ademais da súa dedicación literaria, António Mota cultiva o xornalismo e ten escrito guións e historias para a televisión do seu país.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR