Estás aquí:

Código: 2695

Outra política para outros tempos

16,40  IVE INCLUIDO
A proposta deste libro é considerar con outro punto de vista as cuestións da política galega aínda abertas. Nese contexto, o federalismo non sería só solución, senón unha maneira de organizar o social, unha cultura. Un xeito de nos encarar co mundo desde a convivencia e a concordia.
Con este libro preténdese que o lector pense sobre o desenvolvemento desa realidade que é Galicia, vista desde Europa e tendo presentes as correntes de pensamento federalista que xurdiron despois da Segunda Guerra Mundial, cando quebran os estados-nación. Federalismo para Galicia tendo á vista o federalismo que para Europa pensaron os europeístas, e que xa é unha necesidade urxente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 136
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 30/07/2013
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-493-6
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Franco Grande, Xosé Luís
X-L-franco-grande

Nace en Tebra (Tomiño) no ano 1936 e falece en Vigo no ano 2020. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu en Vigo a profesión de avogado. En 1978 foi nomeado académico de número na Real Academia Galega e leu o seu discurso de ingreso en 1998. Foi nomeado fillo predilecto do concello de Tomiño en 2011.

En 1967, publicou Entre o si e o non, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro. Autor do xa histórico Diccionario galego-castelán (1968) e do Vocabulario galego-castelán (1972), a súa obra poética publicouse reunida no volume Herdo de memoria e tempo (1987). En 2004, reeditou, ampliado, Os anos escuros, o seu testemuño sobre a resistencia cultural, e, en 2009, Cando o futuro comezaba, a súa correspondencia con Ramón Piñeiro entre 1955 e 1990. En 2013 deu ao prelo o ensaio Outra política para outros tempos e en 2015 o poemario Xoguetes do tempo.

As súas obras

A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos
9788491514251
24.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE