foto

12,75€

mercar

Os xenerais de África

Vítor Vaqueiro

Dez relatos de coidada estética que teñen como escenario a cidade de Vigo.

Despois do éxito da súa Guía da Galiza máxica, o escritor e fotógrafo Vítor Vaqueiro, que en 1983 recibiu o Premio da Crítica Española polo poemario A fraga prateada, fai unha incursión no mundo da narración curta. O resultado é literatura ambiciosa e esixente, ao tempo que rebordante de tensión ética e estética, na que as lembranzas persoais e a memoria colectiva percorren un único camiño. Nos dez relatos que integran Os xenerais de África, recréase un espazo xeográfico claramente definido e chégase, partindo de escenas situadas en Vigo, a un tratamento intenso de temas universais.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 132
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 1999-04-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-267-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

porque-te-queroPorque te queroBaldo Ramos
a-xente-da-barreiraA xente da barreiraRicardo Carballo Calero
cen-sementes-que-voaronCen sementes que voaronIsabel Minhós Martins
a-viaxe-de-anaA viaxe de AnaAlberte Momán

vaqueiro

Vaqueiro, Vítor
Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago e despois duns anos de exercicio docente no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades. A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os 80 e ao que legou títulos como Lideiras entre a paisaxe (1979), Informe da gavilla (1980), Camiño de Antioquía (1982, Premio Esquío), A fraga prateada (1983, Premio da Crítica Española) e A cámara de néboa (1989).

O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiu Os xenerais de África (1999). Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación, froito do cal son os libros Guía das festas populares de Galicia (1997, en colaboración con X. M. González Reboredo) e Guía da Galiza máxica (1998).

En 2008 publica en Galaxia a novela Os espellos do tempo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR