Lois Alcayde Dans (A Coruña, 1997). Escritor e xornalista. En 2016, con 19 anos, gañou o I Premio Balbino de relatos polo libro Camiños na sombra, e en 2018 o segundo premio na IV edición do Mazarelos da USC polo conxunto poético Xente da crise. Colabora nas revistas O Salto, Luzes e no xornal Sermos Galiza. Membro do consello editorial da revista Ligeia, coordina a súa sección de Xornalismo. Exerceu como redactor para a TVG e foi responsable de comunicación da emisora de radio coruñesa CUAC FM. Actualmente cursa o grao en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.