Os hemisferios

María do Cebreiro Rábade Villar

Escrito para que as persoas entren nos poemas, Os hemisferios concibiuse para entender, por iso tamén é unha pregunta.

Árbores e planetas, terra e ceo, lúa e sol crean o acubillo no que se gorecen as voces. A palabra, a fala e os falares relacionan directamente a poesía co que está fóra dela. O interior é exterior, e viceversa: a aparencia é a realidade.

Estes poemas, coma o xeo, amosan e ao mesmo tempo velan. A poesía raña a superficie da linguaxe, deixa marcas, pegadas do seu paso. Con sutil delicadeza, María do Cebreiro (Compostela, 1976) rexístraas e avisa da súa presenza.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 100
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 12 x 22 cm
  • Data Publicación : 2008-06-26
  • Colección : Dombate (Poesía)
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-940-5
  • Edición : 2

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Os inocentesOs inocentes10,70€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva

Autor/a

maria-do-cebreiro-laura-dalama

Rábade Villar, María do Cebreiro
María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) é poeta e profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. É autora de ensaios, antoloxías e de máis dunha ducia de poemarios entre os que destaca a triloxía composta por Os inocentes (2014), O deserto (2015, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia), e A lentitude (2017).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR