Sale!
fios

16,75€ 16,00€

mercar

Os fíos (IV Premio Repsol 2010)

Xurxo Sierra Veloso

Premio de Narrativa Breve Repsol 2010

A novela comeza un venres outonizo e soalleiro no que Antón Queguas chega a un hotel rural na procura de descanso e rutas de montaña. Citouse alí con Lidia, a súa parella, á que só ve durante as fins de semana. Cando sobe á habitación, decátase de que a calefacción non funciona, polo que pide axuda á empregada do establecemento, Baldi, unha rapaza moi nova, pouco faladora e esvaidamente misteriosa. Iníciase daquela un xogo de azares e malentendidos que van cambiar por completo a vida dos personaxes.

Uns meses máis tarde, Antón recibe a notificación dun avogado: Baldi está embarazada e cítao para unha proba de paternidade. Lidia, sentíndose traizoada, percorre as estradas co seu catálogo de pintura contemporánea, mentres tenta afogar os accesos de xenreira e rancor que a asolagan. E aínda hai un terceiro protagonista, Chano Bendaña, un modesto artesán xoiero que se ve implicado, dun xeito inesperado, nunha enxurrada de confusións.

Antón, Lidia e Chano: tres historias que camiñan pola fronteira do cotián e do absurdo, enfiadas por Xurxo Sierra con intelixencia e saber facer narrativo. Unha historia de vidas cruzadas na que o destino dos personaxes introduce un plus de intriga que engaiola e sorprende ao lector.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 180
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2010-11-16
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-326-7
  • Edición : 1
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas

Galaxia no Culturgal2011-02-04 15:02:46

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

xurxo

Sierra Veloso, Xurxo
Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969) é licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección Galego-Portugués. Funcionario da Universidade de Salamanca, traballa na Escola Universitaria de Maxisterio de Zamora. Publicou as novelas Os ollos do rei de copas (1994), Licor de abelá con xeo (Finalista do Premio Lueiro Rei, 2006), Os mércores de Fra (Premio Risco, 2006) e Os nomes do traidor (2008).

Obtivo o Premio de Narrativa Breve Repsol 2010 pola obra Os fíos, publicada por Galaxia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR