dous de sempre

14,00€

mercar

Os dous de sempre

Castelao

Graza, tenrura e melancolía nun libro no que Castelao plasma a súa visión esencial do pobo galego.

Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 252
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2015-10-01
  • Colección : Biblioteca Castelao
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-741-8
  • Edición : 3

Noticias relacionadas

Castelao sempre en Galiza2009-09-14 14:39:56
O Castelao de sempre2015-10-15 14:37:18


Actividades relacionadas


Novidades

tonechoTonechoXaquín Marín
a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila

Autor/a

Castelao

Castelao,
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR