Os anxos indecisos

Manrique Fernández

Os personaxes que protagonizan as historias de Os anxos indecisos están situados nos bordos, nas fronteiras, nos lindes. A dúbida e as posibilidades, reais ou fantasiosas, preséntanse para conceder ao instante das decisións unha marxe estreita con consecuencias enormes. O cotián e o sorprendente tecen a narración, con super modelos, xornalistas "de raza", con música de Sam Cooke, romances de nenez, mocidade eterna de gata cíngara, trasnos náufragos... e violencia, baixos fondos, ilusións rotas, enfermidade, celos e a propia vida posta ao límite. Malia todo isto, en todas queda un pequeno canto á esperanza e a ilusión por unha realidade mellor...

Cada lector ou lectorá terá que decidir con que parte queda, se asume a crueza de fondo ou pervive nese soño en que os protagonistas tamén quererían vivir, cómplices da dúbida e do esquecemento.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 132
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 210 x 135
  • Data Publicación : 02-09-2019
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-361-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 397
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

manrique-fernandez

Fernández, Manrique
(Sistallo, Cospeito, 1965) é xornalista e durante moito tempo foi xerente da Fundación Rogelio Groba. Da colaboración co compositor naceron a súa biografía oficial (Meditacións en branco e negro), un libro de conversas (Diabolus in musica), así como varias colaboracións como letrista de tres óperas (Floralba, Pedro Madruga. O noso Rei, e unha adaptación do conto de Perrault O gato con botas), unha cantata (Corpus en Ponteareas) e un réquiem (Samaín. Réquiem galego), entre outras obras. Amais é autor de Ponteareas máxica, recompilación de lendas tradicionais desta vila relatadas en verso, o libro de relatos Crónicas de Embora e a novela Tres feridas.  


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR