os anos escuros

24,75€

mercar

Os anos escuros

Xosé Luís Franco Grande

Os anos escuros de Franco Grande é o testemuño dunha época fundamental para a cultura galega. Galaxia publícao nunha nova edición ampliada. Franco Grande transmítelle ao lector ou lectora o pulso e o ambiente do que foi a resistencia cultural dunha xeración.

A renovación da Real Academia Galega, o papel de figuras como Ramón Piñeiro, Borobó e Domingo García Sabell e a evolución do galeguismo ata a chegada da democracia son algúns dos eixos que Xosé Luís Franco Grande escolle para trazar o retrato dunha xeración e dun tempo no que a cultura serviu como muro de resistencia fronte á represión franquista das reivindicacións de Galicia como cultura e nación con identidade de seu.

A man do poeta recoñécese na viveza coa que relata aqueles anos trascendentais. A reflexión sobre o pasado e, a par dela, a recuperación da memoria histórica fan de Os anos escuros un libro indispensable para entendermos a Galicia de hoxe. Feitos e persoeiros dunha época xorden das páxinas deste libro no que historia, lembranzas e literatura conflúen para nos achegar parte da realidade galega do século XX nunha visión persoal e intensa.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 472
  • Deseño : Encadernación en rústica con lapelas
  • Dimensións : 13 X 21 cm.
  • Data Publicación : 2004-09-29
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-737-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas

Homenaxe a Franco Grande2012-01-14 12:00:00

Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

Autor/a

x-l-franco-grande

Franco Grande, Xosé Luís
Nace en Tebra (Tomiño) no ano 1936 e falece en Vigo no ano 2020, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu en Vigo a profesión de avogado. En 1978 foi nomeado académico de número na Real Academia Galega e leu o seu discurso de ingreso en 1998. Foi nomeado fillo predilecto do concello de Tomiño en 2011. En 1967, publicou Entre o si e o non, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro. Autor do xa histórico Diccionario galego-castelán (1968) e do Vocabulario galego-castelán (1972), a súa obra poética publicouse reunida no volume Herdo de memoria e tempo (1987). En 2004, reeditou, ampliado, Os anos escuros, o seu testemuño sobre a resistencia cultural, e, en 2009, Cando o futuro comezaba, a súa correspondencia con Ramón Piñeiro entre 1955 e 1990. En 2013 deu ao prelo o ensaio Outra política para outros tempos e en 2015 o poemario Xoguetes do tempo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR